promocion-imagen-principal

PASAPORTE REDONDELAN REDONDELA NO CAMIÑO 2026


REXISTRA AQUÍ O TEU PASAPORTE UNHA VEZ COMPLETADOS TODOS OS RETOS. Lembra gardar o documento físico: será necesario para acreditar a túa participación no caso de resultar gañador/a.

Atrévete co Pasaporte Redondelán

Nesta campaña convidámoste a formar parte dun reto único: demostrar que es —ou podes chegar a ser— un auténtico redondelán ou redondelana. Un xogo divertido, participativo e cheo de identidade local, pensado para que descubras a vila dun xeito diferente.

Que é o Pasaporte Redondelán?

É un documento simbólico que recolle 10 retos vinculados á historia, ás tradicións e ao comercio de Redondela. Se completas 8 dos 10, poderás obter a túa credencial oficial como redondelán/redondelana… e entrar no sorteo dun premio único, unha experiencia memorable para gozar de Redondela como nunca antes.

“Un privilexio exclusivo para vivir Redondela” será unha experiencia inolvidable pero non a vamos a desvelar ainda…así que é como ver a caixa do regalo pero non poder abrila.

 


Quen pode participar?

Calquera persoa maior de 18 anos:

·      sexa ou non de Redondela,

·      viva ou non no municipio,

·      estea simplemente de visita,

·      ou veña polo Camiño.

Se queres coñecer a vila, este pasaporte é para ti. Se xa a coñeces, é a túa oportunidade de demostrar que formas parte da tribo.

 Como validar o teu pasaporte?

Unha vez completados os retos, só tes que rexistrar nesta web.

Fai unha foto da páxina cos teus datos e rexistra na web co número de pasaporte. Se o teu pasaporte non está numerado ou o descargache na web consigna o nº 00.


Tamén podes entregalo físicamente nas oficinas Asociación de Empresas de Redondela (R/ 8 de Marzo, nº 6-Local 1 Redondela), antes da data indicada antes da data indicada.

Conserva o documento físico: será necesario para acreditar que cumpriches os requisitos no caso de resultar gañador/a.

Vixencia: 6 meses desde a data de emisión. Poderá rexistrarse ata o 23 de abril de 2027.

Por que participar?

Porque é divertido.

Porque é diferente.

Porque é unha forma de descubrir Redondela con outros ollos.

E porque podes gañar unha experiencia única que só uns poucos poderán vivir.

Consegue o teu pasaporte e comeza o reto

Ven a Redondondela os días 23 e 24 e consegue o teu pasaporte no stand oficial da zona da Feira Comercial ou nos establecementos participantes. Tamén podes descargalo abaixo.

 

Queres votar un vistazo ao pasaporte?


ver pasaporte


Subvencions Subvencions